- Editorial:
- AKAL
- Año de edición:
- 1970
- ISBN:
- 978-84-7339-069-9
- Páginas:
- 176
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- AREALONGA
POESIA GALLEGA COMPLETA
TOVAR BOBILLO
Antonio Tovar (A Pereira de Rairiz da Veiga, Xinzo de Limia, 1921) vive e traballa en Ourense onde, de vagar, escribe algús dos versos máis densos, máis cheos de celme íntimo da nosa poesía. Os críticos da máis diversa feitura (Vicente Risco , Carballo Calero, Alvaro Cunqueiro, Basilio Losada ...) téñense pronunciado de xeito inteiramente favorable sobor da súa obra poética. algús, mesmo, xulgan que o seu nome é un dos dous primeiros da poesía galega de hoxe. para outros é un dos mellores poetas con que conta España nesta hora. A pesares do limpo e afervoado pronunciamiento da crítica, o poeta Tovar escritor, ademáis, de gramática doada- inda non conqueríu o público que voces de menos entidade teñen acadado no país. Este volume contén tres dos seus libros poéticos, dous en reedición (Arredores e Non) e ún en primeira impresión (O vento no teu colo). Co este libro subtitulado Poemas a Tucha, que é a muller do poeta- a poesía de lingua galega asómase a un eido fai tempo pouco transitado, o do amor, un amor cheo de vida e de quentura latexante e sin as arañeiras da retórica e do idealismo. A súa entrega ó amor, á muller,, compañeira, é, ás veces, a fuxida do desamparo e do desacougo no que ten vivido o orfo radical que era Antonio Tovar. Nos outros dous libros o Tovar leva a cabo a tarefa de tnatos e tantos poetas líricos. percurar a intimidade, si ben nel a indagación é tan fonda e tan singular que jai poemas que constituyen un encontro coa mismidade, poemas que constituyen un encontro coa mimidade, unha mismidade de tal xeito configurada que ela por si é xa unha acusación, un alegato contra o mundo. ¡Engalolando poeta o autor que, á forza de se buscar, amósanos, de paso, a fasquía noxenta da sociedade! Na historia da poesía galega rexeiten o que queiran os antólogos- o nome de Tovar está entre os primeiros. Cumpría, pos, para ben de todos, escorrentar tangaraños e meigallos.