RISCO V.:OBRAS COMPLETAS I
-5%

RISCO V.:OBRAS COMPLETAS I

RISCO I. VICENTE

8,40 €
7,98 €
IVA incluido
Consultar disponiblidad
Editorial:
AKAL
Año de edición:
1981
ISBN:
978-84-7339-542-7
Páginas:
296
Encuadernación:
Otros
Colección:
AREALONGA
8,40 €
7,98 €
IVA incluido
Consultar disponiblidad
Añadir a favoritos

Akal Editor escomenza, con iste volume de Teoría nacionalista, a publicación da Obra Completa de Vicente Risco. Hastra o de agora, o gran polígrafo galego soio era coñecido de forma parcial e moitos dos seus textos víanse arrodeados de inxusto esquecemento. Os anacos da súa obra publicada –narrativa galega, Leira, a súa incursión no teatro, e pouco máis-, con seren importantes, non abranguen máis ca un chisco do seu labor. Outros textos, publicados nesta ou naqueloutra revista, moitas veces en boletíns especializados, eran xa material de heroteca. E, nembargantes, ó marxe do xuicio ideolóxico que nos mereza, o traballo de Risco –etnñografo, historiador, ensayista de múltiples rexistros, orfebre habelencioso da lingua galega- non ten desperdicio. Francisco Javier Bobillo, ún dos escasos homes que coñecen a fondo a obra risquiana, arrecadóu para iste tomo e prologóu os traballos máis importanes do teórico nacionalista. textos imprescindibles para achegármonos á figura de Risco e textos que configurar o esquelete ideolóxico do nacionalismo galego nunha etapa que empeza no ano 1916 –anque Risco incorporaráse un pouco despóis. E remata cando escomenzan a ladra-los fusiles. Completámo-lo volumen cunha introducción de Fernando Salgado –Vicente Risco (1884-1963): Cinco tempos duna biografía-, que pretende ser un acercamento a intres fundamentales na vida do mestre galeguista. Fernando Salgado é tamén o autor dea biliografía, a máis exhaustiva, que nós sabíamos, de cantas se teñen ofrecido.

Artículos relacionados